DEIXOVOS UNHA PARTE DA ACTA DO 25-03-2008 ONDE SE FALOU NO PLENO SOBRE A SUBESTACIÓN DE VILALONGA. COMO BEN DIXO "A NOSA ALCALDESA": "UN CANTO AO SOL"
XA É HORA DE FACER ALGO ENTRE TODOS: MANIFESTACIÓN XAAA¡¡¡¡¡
MOCIÓN:
138 : MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE SANXENXO PARA A
SINATURA DUN CONVENIO CON “UNIÓN FENOSA” PARA O TRASLADO DA
SUBESTACIÓN ELÉCTRICA DE VILALONGA A UNHA ZONA MENOS HABITADA.
A voceira do Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo, Sra. Aguín Pombo deu lectura a seguinte moción que literalmente di:
“”O Grupo Municipal Socialista (PsdeG-PSOE) no Concello de Sanxenxo a través da súa voceira Dulcinea Aguín Pombo e ó abeiro do disposto nos artigos 91.4 e 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (Real Decreto 2568/1986) presenta ante o Pleno da Corporación Municipal a seguinte MOCIÓN
A subestación eléctrica de Vilalonga encontrase en pleno casco urbano de dita parroquia. O crecimento do casco urbano da parroquia de Vilalonga conleva que a subestación eléctrica este rodeada por edificios habitados.
Unha subestación eléctrica de media tensión na que coexisten transformadores de potencia e lineas medias de tensión aérea o tempo que a aparamenta da subestación utiliza un gas denominado SF6, que é un fluoruro, ten riscos de incendios e explosión, que ben sexa por sobrecarga na estación ou por cortocircuitos francos na liña o por causas derivadas de axentes meteoreolóxicos, tormentas, raios, etc. é moito máis perigoso nunha zona moi habitada que nunha zona deshabitada. Por todo elo entendemos que fai necesario que o Concello de Sanxenxo se plantexe como esixencia a compañía distribuidora, neste caso a Unión FENOSA o traslado de dita subestación a outra zona menos habitada.
Por todo elo, solicitamos ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte
ACORDO :
1. Que o Concello de Sanxenxo negocie a firma dun convenio con Unión Fenosa na que a cambio de que o Concello de Sanxenxo recalifique os terreos dónde se ubica a subestación, terreos que serán destinados a construcción de
vivendas baixo un sistema de protección pública para os veciños de Vilalonga, a compañía distribuidora, neste caso Unión Fenosa destine as plusvalías que lle van a xenerar os terreos o cambio de ubicación da subestación a vez que estar obrigada a que tódalas liñas de entrada e saída da subestación se fagan de forma subterránea””.
A Sra. Aguín Pombo, logo da lectura reiterou a necesidade do traslado da subestación de Vilalonga que está preto dunha gasoliñeira e rodeada de edificios.
A Sra. alcaldesa anunciou que o seu grupo estaba a favor da urxencia.
Sometida a urxencia foi aprobada por unanimidade.
A Sra. Aguín Pombo seguiu defendendo a moción engadindo que un convenio con “Unión Fenosa” recalificando os terreos actuais da subestación, sería moi bo para construír vivendas protexidas para os xoves.
O Sr. Fernández Lores, voceiro do Grupo Municipal do BNG, manifestou que había que estudar se a subestación que se vai construír en terreos para alimentar o parque empresarial, pode ser ampliada para alimentar tamén a Vilalonga.
O Sr. Rodríguez Lorenzo, concelleiro do Grupo Municipal Mixto, manifestou que está de acordo no traslado, engadindo que este xa fora un tema tratado hai moitos anos. Tamén dixo que na situación da subestación poden afectar problemas de tensión e de abastecemento e que a instalación, por razóns técnicas, non pode ir en calquera sitio. Rematou afirmando que ía votar a favor da moción pero que non debería vincularse o traslado co destino dos terreos da subestación actual (sinalou que en lugar de vivendas, podería ir, por exemplo, un parque, ou outro equipamento).
A Sra. alcaldesa manifestou que lle encantaría apoiar a moción pero cualificouna de “canto ó sol”, porque non se aclara qué debe negociar o goberno, nin a futura ubicación. Díxolle á concelleira socialista que “vostedes comen o guiso, pero que o cociñen outros”. Engadiu que se fose posible alimentar Vilalonga donde o parque empresarial sería magnífico. Rematou dicindo que notábase ben que o Sr. Rodríguez Lorenzo tivo no pasado responsabilidades de goberno e xa sabe que non é un asunto doado.
Sometida a moción a votación acadouse o seguinte resultado:
Votos a favor: 8 (Grupo Municipal do BNG, Grupo Municipal Socialista de Sanxenxo e Grupo Mixto).
Votos en contra: 9 (Grupo Municipal do PP).
En consecuencia, non se aprobou a moción.----------------------------------------------------------------
Ejercicio de responsabilidad
-
El tema que vamos a tratar hoy es lo suficientemente grave como para hacer
responsable a toda la Corporación y exigir medidas inmediatas. Todos son
respons...


